jueves, 22 de enero de 2009

DISPOSITIVOS DE ENTRADA E SAÍDA

Os dispositivos de entrada permiten introducir información desde o exterior ó ordenador, mentras que os de saída permiten obter os resultados de distintas maneiras:visibles nunha pantalla, impresos en papel, transparencia o mícrofilme,etc.

DISPOSITIVOS DE ENTRADA-Ratón:Permite transmitir información ó ordenador de dous modos: desplazando pola superficie para provocar o movemento do seu indicador na pantalla, e pulsando os seus botóns para realizar certas accións en función de ónde está colocado o indicador.
-Teclado: é o modo máis frecuente de introducir información no ordenador.
-Lectores de códigos de barras:Os códigos de barras son un conxunto de líneas verticais de cor negro que teñen distintos grosores.Ademais son un dispositivo capaz de ler e interpretar dita secuencia de barras, permitindo ó ordenador identificar o producto, e obtendo ,así, información acerca del.
-Escáner:É un dispositivo que permite introducir información desde documentos en papel e incluso caracteres, aínda que para isto último debe dispoñer do sistema OCR.
-Joystick: O principal campo de aplicación deste dispositivo son os xogos;introduce no ordenador os movementos efectuados sobre a súa palanca e algunhas ordes mediante a pulsación dalgún botón.-Tabletas dixitalizadoras:Estes taboleiros utilízanse para realizar debuxos e gráficos cunha gran precisión:son frecuentes en aplicacións de debuxo.
-Lectores de bandas magnéticas:son uns dispositivos capaces de ler a información gravada en dita banda.
-Pantallas táctiles:Ademais de mostrar a información, as pantallas táctiles ofrecen a posibilidade de introducir información con so situar un dedo na súa superficie.
-Tablet PC :Normalmente teñen unha pantalla de 10” que serve para introducir datos, de forma semellante a como se fai nunha PDA.
-Cámaras dixitais:Estes dispositivos permiten introducir tanto imaxes como vídeos no ordenador.Existen dous tipos:as cámaras fotográficas dixitais e as cámaras dixitais de vídeo
-Micrófono:Pódese utilizar como dispositivo de entrada, sempre e cando se dispoña dunha tarxeta de son no ordenador. Tamén permite, co software específico de recoñecemento de voz, dictar o contido dun documento ou dar ordes ó ordenador.




DISPOSITIVOS DE SALIDA-

Monitores:permiten visualizar o resultado da información procesada.Existen distintos tipos de monitores:

Monitores conveccionais(CRT): o seu funcionamento basease na utilización dun tubo de raios catódicos que envía, desde o fondo hacia a pantalla, unha corrente de electróns que ó chocar cunha superficie de material fosforescente situada na parte interior da pantalla, ilumínaa, formándose as imaxes.

Pantallas planas de cristal líquido(LCD): Utilizan millóns de celdas de cristal líquido que se polarizan e permiten o paso de determinados raios, que compoñen a imaxe no monitor.

Pantallas planas TFT: están constituídas por unha matriz de millóns de puntos;cada punto é un transistor que actúa de forma independente, coa súa cor...
IMPRESORAS-Impresoras: As impresoras permiten obter a información impresa en distintos soportes físicos:papel, transparencia, etc.En función da súa tecnoloxía, as impresoras clasifícanse en:Impresoras de margarita ou matriciais:estas impresoras, xa en desuso; Baseaban a impresión no golpeo sobre unha cinta impregnada de tinta que, ó tomar contacto co papel, marcaba nel a informaciónImpresoras térmicas:este tipo de impresoras basean o seu funcionamento no tinguido do papel mediante un proceso térmico.Impresoras láser: utilizan unha tecnoloxía similar á das fotocopiadoras.Son bastante máis rápidas e permiten obter resultados de alta calidade.Impresoras de chorro de tinta: trátase de impresoras de cor (inicialmente so imprimían en branco e negro ) que obteñen a impresión pola inxección de tinta líquida a través de cabezais.

PLOTTERTrátase dun dispositivo que se utiliza nas aplicacións de deseño asistido por ordenador, xa que permite imprimir planos, debuxos técnicos, mapas,...con unha gran calidade.Tecnicamente un plotter está constituído por un brazo robótico,en cuxo estremo se encontra unha plumilla;a gran diferenza con respecto ás impresoras é que realiza debuxos con trazos continuos e ademais pode utilizar papel de grandes dimensións.MACROFILME COMEsta técnica utilizase habitualmente en bancos e bibliotecas, xa que permite almacenar información nun espazo moi reducido.As páxinas de información son fotografiadas mediante unha cámara especial e transfórmanse en marxes de 1,5 cm2, que posteriormente son agrupadas en fichas.Para poder ler a información dunha ficha necesitase un lector de microfichas, que proxecta unha imaxe ampliada dela nunha pantalla.




No hay comentarios:

Publicar un comentario